DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da Zona de Concentración Parcelaria de Grixalba (Sobrado) para seren notificados por comparecencia dunha resolución de recurso de alzada do 15.7.2025 da conselleira do Medio Rural, interposto contra a resolución da directora xeral de Desenvolvemento Rural do 1.10.2024.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), ao propietario da Zona de Concentración Parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución dun recurso de alzada do 15.7.2025 da conselleira do Medio Rural contra a resolución da directora xeral de Desenvolvemento Rural do 1.10.2024 que o afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de setembro de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

ZCP Grixalba (Sobrado-A Coruña)

DNI/nome

Nº prop.

Acto notificado

76498654X

1045-2

Resolución de recurso de alzada do 15.7.2025

32362917P

1045-1

Resolución de recurso de alzada do 15.7.2025

76508219F

1045-8

Resolución de recurso de alzada do 15.7.2025

14542191G

1045-5

Resolución de recurso de alzada do 15.7.2025

14949038G

1045-4

Resolución de recurso de alzada do 15.7.2025

76503644D

1045-3

Resolución de recurso de alzada do 15.7.2025

32883304C

1045-9

Resolución de recurso de alzada do 15.7.2025

32873257R

1045-10

Resolución de recurso de alzada do 15.7.2025