DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50347

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2025 pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio a agosto do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio, xuño, xullo e agosto

Convenio

Data de sinatura

Achega Axencia

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Universidade de Santiago de Compostela para a prestación de asesoramento en materia de almacenamento enerxético

30.5.2025

49.000,00 €

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) para a realización de actividades de difusión, información e comunicación relacionadas co desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia

2.6.2025

60.000,00 €

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Gallega del Hidrógeno para a realización de actividades de fomento, difusión, información e comunicación relacionadas co desenvolvemento e o impulso do sector industrial do hidróxeno verde en Galicia durante o ano 2025

10.7.2025

147.000,00 €

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Clúster da Biomasa de Galicia para a realización de actividades de dinamización, impulso e difusión do sector da biomasa en Galicia

10.7.2025

45.000,00 €