DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50349

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2025 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do segundo cuadrimestre do ano 2025 que se incorporan como anexo a esta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2025

Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Convenio

Importe

Data de sinatura do convenio

Convenio entre o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento da arbitraxe de consumo no seu correspondente ámbito

-

28.5.2025

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior para o desenvolvemento de actividades de formación no programa consumo responde

14.400 €

30.5.2025

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

14.7.2025

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Unión de Consumidores de Galicia-UCGAL para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

25.000 €

11.7.2025

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

9.7.2025

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

28.8.2025

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia-Adicae-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

25.000 €

16.7.2025