Mediante a Orde do 27 de xuño de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 8 de xullo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante nesta consellería que se detalla no anexo.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico; e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da dita lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a dita convocatoria, coa adxudicación do destino ao funcionario que se expresa no anexo I desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, efectuada pola Orde desta consellería do 27 de xuño de 2025.
Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do novo destino deberase realizar no prazo de tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou dun mes, se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses que se contarán a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
ANEXO I
Apelidos e nome: Ucha Omil, Iñaki.
DNI: ***1014**.
Grupo/subgrupo: C1.
Corpo ou escala: corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Cantabria.
Código do posto: PX.301.00.000.15770.002.
Denominación: secretario/a do/da secretario/a xeral.
Nivel: 18.
Centro de destino: Secretaría Xeral da Emigración.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
