No Diario Oficial de Galicia número 125, do 2 de xullo de 2025, publicouse a Orde do 26 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.
No Diario Oficial de Galicia número 169, do 3 de setembro de 2025, publicouse a Resolución do 2 de setembro pola que se aprobaron as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B), e publicáronse na páxina web da Agasp a listaxe provisional de persoas admitidas, a listaxe provisional de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega e a listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, concedendo un prazo de dez (10) días hábiles para emendas.
Finalizado o prazo de emenda e de acordo co expresado na devandita orde, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2025.
Poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública https://agasp.xunta.gal:
– A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas.
– A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión.
– A listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega.
Segundo. Anunciar que a proba de coñecementos e a proba de coñecementos da lingua galega terán lugar o día 27 de setembro de 2025 no recinto feiral de Silleda, en chamamento único que se realizará ás 10.00 horas.
As persoas aspirantes deberán consultar na páxina web da Agasp toda a información, indicacións, criterios e normas a ter en conta que o tribunal nomeado para cualificar este proceso publique para o efecto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Estrada, 18 de setembro de 2025
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
