DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50429

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo dunha praza de persoal traballador/a asistente social pola quenda libre (OEP 2022).

No Boletín Oficial da provincia núm. 91, do 15 de maio de 2025, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, mediante oposición, dunha praza de persoal traballador/asistente social, pola quenda libre, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2, derivada da oferta de emprego público do ano 2022.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 27 de agosto de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística