No Boletín Oficial da provincia núm. 246, do 23 de decembro de 2024, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, mediante oposición, dunha praza de persoal técnico de recadación, pola quenda libre, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, derivada da oferta de emprego público do ano 2021.
A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ferrol, 28 de agosto de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística
