DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50431

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos ou con notificación infrutuosa do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de Inspección

Referencia catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

2670/2025 (xMA 25/077)

36041A038000780000OT

Viñas. Poio (Pontevedra). Pol. 38. Parcela 78

Domingo Martínez Lorenzo

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. No caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de corta polo pé, tronzado, empillado e saca mecanizada das árbores.

Nº de expediente

Referencia catastral

ha afectadas por
execución subsidiaria

Liquidación provisional

2670/2025 (xMA 25/077)

36041A038000780000OT

0,0805

285,44

4º. No caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

Poio, 29 de agosto de 2025

Ángel Moldes Martínez
Alcalde