DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de actualización do Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións deste concello.

De conformidade co disposto no artigo 33 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios, o novo Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións deste concello, o cal consta na Secretaría municipal e no Portal de transparencia:

https://concellodapontenova.sedelectronica.es/transparency/e55d744e-1572-431b-bdcd-6b47def5f19a/

A Pontenova, 28 de agosto de 2025

Darío Campos Conde
Alcalde presidente