Intentada sen efecto a práctica da notificación, no domicilio da persoa destinataria que se relaciona no anexo, do acto administrativo de emenda e mellora do escrito de reclamación de responsabilidade patrimonial, procédese á súa publicación de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que se lle comunica á persoa interesada para os efectos do disposto no artigo 46 da dita lei para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), compareza no lugar indicado no referido anexo para o coñecemento íntegro do acto.
Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do seu vencemento.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
ANEXO
Nº de expediente: RP-2024-0163-O.
Reclamante: DNI 45143721B.
Último enderezo coñecido: r/ Marcelo Macías, nº 132-6º D. 32002 Ourense.
Contido da notificación: emenda e mellora do escrito de reclamación de responsabilidade patrimonial.
Lugar de comparecencia: Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Ourense; avda. de Zamora, nº 13, 3º andar, 32005 Ourense.
Prazo de comparecencia: dez (10) días.
