DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 2025 Páx. 50442

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 12 de setembro de 2025 pola que se dispón o cesamento dunha vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 determinouse que, en representación dos municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do porto, se integrarían no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo dous vogais, un por parte do Concello de Vigo, e outro, con alternancia cada dous anos, por parte dos concellos de Redondela e Moaña. Transcorrido o período de tempo antes indicado, cómpre efectuar un novo nomeamento.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Leticia Santos Paz como vogal representante do Concello de Moaña no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar