Expediente: IN407A 2025/006-1.
Promotora: Tesla Spain, S.A.
Denominación do proxecto: Instalación da LMTS (extensión da rede UFD) e centro de seccionamento compacto (CS) para subministración a CT abonado de 1.250 kVAs na estación de servizo existente.
Concello: Santiago de Compostela.
Feitos:
1. O día 15 de xaneiro de 2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de dotar de subministración un centro de transformación particular proxectado na rúa Castela e León 37, polígono de Costa Vella, concello de Santiago de Compostela, para dar servizo a unha estación de recarga de vehículo eléctrico proxéctase a instalación dun centro de seccionamento e unha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión FOI805, procedente da subestación Formarís.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Instalación da LMTS (extensión da rede UFD) e centro de seccionamento compacto (CS) para subministración a CT abonado de 1.250 kVAs na estación de servizo existente, asinado por Luis Durán Ageitos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 1.189 de Santiago de Compostela (Coeticor), e Carmelo Freire Beiro, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 1.210 de Santiago de Compostela (Coeticor), o 8.8.2025 co número de visado 1631/25-ST do 8.8.2025.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Santiago de Compostela. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 12.8.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa Castela e León 37, polígono de Costa Vella, concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:
• LMTS a 15 kV, de 2×5 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe e remate nos empalmes para realizar en arqueta existente situada en fronte do CS proxectado, no tramo soterrado entre os 15CJQF e 15CJPZ da LMT FOI805, procedente da subestación Formarís, facendo E/S no CS proxectado.
• CS compacto prefabricado de superficie, telecontrolado, en configuración 3L+1P.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.
2. As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.
3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 22 de agosto de 2025
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria
