DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 2025 Páx. 50475

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2025 pola que se lles dá publicidade ás addendas, acordos e convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

Segundo o que establece o artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación das addendas, acordos e convenios que subscribiu a Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2025

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Addendas, acordos e convenios de colaboración que subscribiu a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) nos meses de maio, xuño, xullo e

agosto de 2025

Convenio

Data da

sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña e Pontevedra, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

6.5.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), para o desenvolvemento de actividades de investigación, estudo e difusión en materia de análise económica e financeira de políticas públicas

8.5.2025

300.000 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

14.5.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

14.5.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

15.5.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Valedor do Pobo de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

15.5.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Parlamento de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

27.5.2025

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e as universidades de Santiago de Compostela (USC), da Coruña (UDC) e de Vigo (UVIGO), para o desenvolvemento de actividades de formación

27.5.2025

81.993,91€

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

14.7.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

28.8.2025

Sen achega económica