Con data do 14 de febreiro de 2025, publícase no Diario Oficial de Galicia número 31, a Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT207A). A dita resolución foi modificada pola Resolución do 18 de febreiro de 2025, publicada o 20 de febreiro de 2025 no Diario Oficial de Galicia número 35, modificándose o artigo 9.2, número 2, punto 2.3.6, e o prazo de presentación das solicitudes da Resolución do 13 de xaneiro de 2025.
A Resolución do 13 de xaneiro de 2025 establece un crédito para o financiamento desta convocatoria de 3.000.000,00 de euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770.0, no código de proxecto 2010 00005 do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais, posibilitando que os importes previstos poidan ser incrementados ao longo do exercicio orzamentario nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras a declaración de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda.
Por outra banda, o artigo 26.3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia posibilita a modificación da distribución por anualidades inicialmente previstas nas bases reguladoras, establecendo que será necesaria a tramitación do correspondente reaxuste de anualidades no expediente de gasto.
O artigo 27.1 do dito regulamento establece que, cando como consecuencia da modificación da resolución de concesión varíe o importe correspondente a cada ano, será necesario tramitar un expediente de reaxuste de anualidades no expediente de gasto.
Con posterioridade a este feito, ten lugar a comunicación do director xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) no cal indica que a dotación económica do fondo para o fomento da produción, distribución, exhibición e promoción do audiovisual en lingua cooficial distinta do castelán que recibirá a Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 ascende a un total de 689.726, 34 euros, que se reparten, no capítulo VI, 136.726,34 euros, e no capítulo VII, 553.000,00 euros.
Polo exposto, e para poder dar cumprimento ás obrigas que comporta a aceptación deste crédito, proponse a modificación da fonte de financiamento de parte do importe total destinado a esta convocatoria segundo se reflicte no cadro de financiamento, así como a nova redistribución por categorías, tendo en conta que non se modifica a contía total por beneficiario e proxecto previstas no número 5 do artigo 3.
Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron concedidas,
RESOLVO:
Primeiro. Modificar o artigo 3 da convocatoria, que resulta redactado como segue:
«Artigo 3. Financiamento
Os créditos dispoñibles para o financiamento desta convocatoria ascenden a 3.000.000,00 de euros, que se imputarán aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2025, nas aplicacións, polos importes e a distribución plurianual que se reflicten no cadro seguinte:
|
Aplicación orzamentaria |
Anualidade |
Código de proxecto |
Fonte de financiamento |
Importe |
Total |
|
13.A1.432B.770.0 |
2025 |
2010 00005 |
FCA |
154.000,00 € |
300.000,00 € |
|
2025 00003 |
Fondos finalistas do Estado |
146.000,00 € |
|||
|
2026 |
2010 00005 |
FCA |
336.000,00 € |
743.000,00 € |
|
|
2025 00003 |
Fondos finalistas do Estado |
407.000,00 € |
|||
|
2027 |
2010 00005 |
FCA |
902.000,00 € |
902.000,00 € |
|
|
2028 |
2010 00005 |
FCA |
1.055.000,00 € |
1.055.000,00 € |
|
|
Total |
3.000.000,00 € |
||||
Segundo. Modificar o artigo 3, puntos 1 e 2, das bases reguladoras, que resultan redactados como segue:
«Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas
1. O importe global máximo para o financiamento desta convocatoria será de 3.000.000 de euros, con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770.0 do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais, códigos de proxecto 2010 00005 e 2025 00003.
2. Esta convocatoria ten carácter plurianual, polo que os créditos se deben asignar por categoría e anualidades. Esta asignación reflíctese no cadro seguinte:
|
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
||
|
Categoría A: longametraxes cinematográficas de ficción e/ou animación |
156.000,00 € |
302.000,00 € |
508.000,00 € |
594.000,00 € |
1.560.000,00 € |
|
|
Categoría B: longametraxes cinematográficas de tipo documental |
53.000,00 € |
97.600,00 € |
173.000,00 € |
206.400,00 € |
530.000,00 € |
|
|
Categoría C: longametraxes en coprodución internacional con participación minoritaria española (ficción, animación, documental) |
32.000,00 € |
62.000,00 € |
104.000,00 € |
122.000,00 € |
320.000,00 € |
|
|
Categoría D: curtametraxes (ficción, animación, documental) |
23.000,00 € |
207.000,00 € |
230.000,00 € |
|||
|
Categoría E: series para TV e plataformas VOD |
E1. Ficción E2. Animación |
26.000,00 € |
54.000,00 € |
84.500,00 € |
95.500,00 € |
260.000,00 € |
|
E3. Documental |
10.000,00 € |
20.400,00 € |
32.500,00 € |
37.100,00 € |
100.000,00 € |
|
|
Total |
300.000,00 € |
743.000,00 € |
902.000,00 € |
1.055.000,00 € |
3.000.000,00 € |
|
Terceiro. Modificar o artigo 20, números 6 e 7, que quedan redactados como segue:
«Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias
6. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «coa subvención da Xunta de Galicia (https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal) e en cartón único do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (https://www.cultura.gob.es/cultura/areas/cine/sobre-el-icaa/imagen-icaa/logotipo-icaa.html), utilizando a imaxe gráfica corporativa que se descargará das páxinas oficiais de ambos os dous organismos.
Así mesmo, en todos os materiais de promoción, distribución e publicidade da obra (carteis, músicas, portadas e outros materiais) farase constar que a produción foi subvencionada pola Xunta de Galicia e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, utilizando igualmente as marcas principais. Cando se trate de series de ficción, animación ou documentais, a lenda e a marca figurarán no primeiro capítulo e nos créditos finais dos restantes. Calquera alteración das indicacións anteriores deberá ser motivada e contar coa autorización previa expresa da Agadic.
7. Facer constar na súa publicidade, incluída a realizada a través de páxinas web ou unha información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento dos seus proxectos pola Xunta de Galicia e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da persoa beneficiaria da subvención».
Disposición adicional única
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o presidente do Consello Reitor, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira única
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025
José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais
