BDNS (Identif.): 857331.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/857331
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que cursou durante o ano académico 2024/25 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e mereza un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural.
Segundo. Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311E).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 11 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311E).
Cuarto. Importe
Vinte (20) premios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional
