Mediante a Orde do 7 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2024/25 (DOG núm. 62, do 31 de marzo), aprobáronse as bases desta convocatoria.
De acordo co establecido no artigo 11 desta convocatoria, as solicitudes foron examinadas polo órgano instrutor sinalado na antedita orde e publicáronse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal), podendo as persoas interesadas formular, no prazo de dez (10) días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional.
Finalizado este prazo e de acordo co establecido no artigo 13 das bases da convocatoria, e atendendo ao informe proposta elevado polo antedito órgano instrutor á persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia, que se relaciona no anexo I desta resolución e pola contía que se especifica. Así mesmo, inclúese a listaxe de solicitudes excluídas por non reuniren os requisitos establecidos na orde de convocatoria.
As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez acreditado, mediante certificación, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Segundo. O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde do 7 de marzo de 2025 (DOG núm. 62, do 31 de marzo) constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025
María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional
ANEXO I
a) Listaxe das persoas beneficiarias das axudas:
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
DNI |
Centro de procedencia |
País |
Meses |
Importe |
|
|
1 |
Alonso |
Costas |
Xela |
***8429** |
EASD Antonio Faílde |
Chequia |
5 |
2.025,00 € |
|
2 |
Álvarez |
Muñoz |
Claudia |
***8160** |
EASD Pablo Picasso |
Lituania |
4 |
1.700,00 € |
|
3 |
Bernárdez |
Vázquez |
Rubén |
***4131** |
EASD Pablo Picasso |
Italia |
4 |
1.980,00 € |
|
4 |
Cabrera |
Álvarez |
Jimena |
***3036** |
CMUS Superior de Vigo |
Estonia |
9 |
2.685,00 € |
|
5 |
Costado |
Afonso |
Inés |
***8408** |
EASD Pablo Picasso |
Italia |
4 |
1.980,00 € |
|
6 |
Fernández |
Vázquez |
Alba |
***6457** |
EASD Antonio Faílde |
Polonia |
4 |
1.700,00 € |
|
7 |
Ferro |
Martínez |
Lucía |
***7723** |
EASD Pablo Picasso |
Italia |
4 |
1.980,00 € |
|
8 |
Gómez |
Rodríguez |
Rubén |
***7664** |
EASD Antonio Faílde |
Turquía |
4 |
1.400,00 € |
|
9 |
González |
Rodríguez |
Paula |
***7031** |
EASD Pablo Picasso |
Francia |
3 |
1.785,00 € |
|
10 |
Hermida |
Pérez |
Noreia |
***2059** |
CMUS Superior da Coruña |
Países Baixos |
5 |
2.835,00 € |
|
Chequia |
4 |
|||||||
|
11 |
Iglesias |
Calabria |
Paula |
***8929** |
EASD Pablo Picasso |
Italia |
4 |
1.795,00 € |
|
12 |
Iglesias |
García |
Lian |
***9193** |
CMUS Superior da Coruña |
Países Baixos |
5 |
2.835,00 € |
|
CMUS Superior da Coruña |
Eslovenia |
4 |
||||||
|
13 |
López |
Amado |
Lucía |
***2286** |
EASD Pablo Picasso |
Italia |
4 |
1.980,00 € |
|
14 |
Miragaya |
Miragaya |
Carmen |
***8161** |
EASD Mestre Mateo |
Italia |
6 |
2.370,00 € |
|
15 |
Pérez |
Salgueiro |
Iria |
***3279** |
CMUS Superior de Vigo |
Bélxica |
5 |
2.175,00 € |
|
16 |
Rozadas |
Sola |
Sandra |
***6304** |
EASD Pablo Picasso |
Francia |
5 |
2.175,00 € |
|
17 |
Saavedra |
Cereijo |
Esther |
***5422** |
EASD Mestre Mateo |
Italia |
6 |
2.370,00 € |
|
18 |
Suárez |
Carracedo |
Laura |
***9280** |
EASD Mestre Mateo |
Alemaña |
6 |
2.370,00 € |
|
19 |
Villaverde |
Rocha |
Alba |
***9566** |
EASD Pablo Picasso |
Grecia |
4 |
1.860,00 € |
|
Total |
40.0000,00 € |
|||||||
b) Listaxe de solicitudes denegadas.
Con base no establecido na Orde do 7 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2024/25, quedan excluídas as seguintes solicitudes por non axustarse ás bases da convocatoria:
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
DNI |
Centro de procedencia |
|
|
1 |
Benítez |
Iglesias |
Diana |
***6045** |
EASD Antonio Faílde |
|
2 |
Comesaña |
Alcaraz |
Isolda |
***6011** |
ESAD |
|
3 |
Pampín |
Sanabria |
Laura |
***4448** |
ESAD |
|
4 |
Parajuá |
Carpintero |
Laura |
***1005** |
EASD Ramón Falcón |
|
5 |
Pérez |
Godoy |
Tania |
***5984** |
ESAD |
|
6 |
Randolfe |
Amorín |
Christian |
***9015** |
EASD Antonio Faílde |
|
7 |
Villaverde |
García |
Susana |
***8860** |
ESAD |
