De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 9 do anexo I da Orde do 2 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á mellora da seguridade, a competitividade e a obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN519E), procédese por medio desta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da dita orde.
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 2 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á mellora da seguridade, a competitividade e a obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN519E) (DOG núm. 116, do 19 de xuño).
b) Aplicación orzamentaria: 09.03.732-A 781.0.
c) Crédito orzamentario: 1.027.907,53 euros.
d) Destinatarios: asociacións de empresarios, entidades de conservación de áreas empresarias da Comunidade Autónoma de Galicia recollidas no capítulo II do título V de xestión e conservación das áreas empresariais da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia e as comunidades de propietarios de áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
Subvencións concedidas
|
Expediente |
Solicitante |
NIF |
Finalidade |
Contía da axuda |
|
IN519E-2025-00000001-00 |
Asoc. de Empresarios del Polígono Industrial de San Ciprián de Viñas |
G32008765 |
Mellora da televixilancia do polígono San Cibrao das Viñas |
97.497,51 € |
|
IN519E-2025-00000002-00 |
Cdad. Prop. Pocomaco |
H15028988 |
Mellora da seguridade e vixilancia |
87.456,66 € |
|
IN519E-2025-00000003-00 |
E.U.C. Parque Empresarial de Sigüeiro |
G70218177 |
Sinalización informativa no parque empresarial de Sigüeiro |
30.884,04 € |
|
IN519E-2025-00000004-00 |
Cdad. Prop. del Polígono Industrial y Comercial 1 Fase Carballo |
E15337777 |
Implantación da marca «Polígono Empresarial de Calidade» |
8.353,84 € |
|
IN519E-2025-00000006-00 |
Entidade de Conservación do Parque Empresarial de Mos |
G27788751 |
Mellora da seguridade: cámaras de videovixilancia CCTV, térmicas e control de accesos |
96.611,10 € |
|
IN519E-2025-00000007-00 |
Mancomunidad Prop. Lugar da Portela-Naciente |
H42797522 |
Sistema de seguridade: cámaras de videovixilancia CCTV e de loita contra incendios |
41.239,72 € |
|
IN519E-2025-00000009-00 |
Entidade Urbanística de Conserv. do Parque Empres. de Boiro |
G70275748 |
Instalación de equipos e sistemas de protección destinados á loita contra incendios |
120.000,00 € |
|
IN519E-2025-00000010-00 |
Cdad. Prop. Polígono Industrial de Bergondo |
H15338155 |
Mellora da seguridade e a competitividade na área empresarial Bergondo |
58.622,08 € |
|
IN519E-2025-00000011-00 |
Asoc. de Empresarios del Deza |
G36187169 |
Mellora da seguridade no Polígono Industrial Lalín 2000 |
39.760,00 € |
|
IN519E-2025-00000013-00 |
Asoc. de Empresarios Polígono Industrial de Ordes |
G70101787 |
Instalación de cámaras de control de tráfico e seguridade |
75.611,37 € |
|
IN519E-2025-00000014-00 |
Asoc. Área Empresarial do Tambre |
G15037112 |
Área empresarial intelixente e segura-AEIS |
120.000,00 € |
|
IN519E-2025-00000015-00 |
Asoc. de Empresarios de Las Gándaras-Porriño |
G36289197 |
Mellora da prevención a través de plans de emerxencia e formación |
46.948,00 € |
|
IN519E-2025-00000016-00 |
Entidad Urbanística de Conservación del Polígono Industrial A Granxa |
G36381929 |
Mellora da seguridade, prevención de inundacións e plan de emerxencia |
61.157,27 € |
|
IN519E-2025-00000018-00 |
Asoc. de Empresarios Sete Pontes |
G27162973 |
Mellora da seguridade e a prevención contra incendios no polígono industrial Sete Pontes |
88.147,55 € |
|
IN519E-2025-00000020-00 |
Asoc. Empresarial de Industrias de Transformación del Polígono de El Ceao |
G27030873 |
Proxecto de dixitalización da seguridade, a competitividade e calidade dos polígonos |
47.093,20 € |
