O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025
Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio
ANEXO
|
Convenio |
Obxecto do convenio |
Achega económica do IET |
Data da sinatura |
|
Convenio entre a Administración xeral do Estado, a través da Presidencia do Consello Superior Geográfico, e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, polo que a Comunidade Autónoma de Galicia se integra no Sistema cartográfico nacional |
A integración efectiva da Comunidade Autónoma de Galicia no Sistema cartográfico nacional |
Sen achega económica |
13.6.2025 |
