DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50694

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o segundo cuadrimestre do ano 2025

Convenios

Obxecto

Data da sinatura

Achega de Augas de Galicia

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Palas de Rei para a mellora e ampliación das infraestruturas de abastecemento de Palas de Rei (Lugo).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para a mellora dos servizos de abastecemento do Concello de Palas de Rei, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

12.5.2025

98.373,32 €

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rois para a execución da actuación de mellora do saneamento no Concello de Rois, EDAR de Sorribas, Rois

(A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Rois que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do saneamento no Concello de Rois, EDAR de Sorribas, Rois (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

20.5.2025

259.785,40 €

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ponte Caldelas para a asunción por Augas de Galicia da xestión da estación depuradora de augas residuais de Ponte Caldelas e da prestación do servizo de depuración.

Establecer as condicións en que Augas de Galicia asumirá, en calidade de entidade prestadora de servizos e nos termos establecidos na Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, a xestión da estación depuradora de augas residuais de Ponte Caldelas e dos seus equipos e instalacións e a prestación do servizo de depuración.

21.5.2025

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal para a asunción por Augas de Galicia da xestión da estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal e da prestación do servizo de depuración.

Establecer as condicións en que Augas de Galicia asumirá, en calidade de entidade prestadora de servizos e nos termos establecidos na Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga, a xestión da estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal e dos seus equipos e instalacións e a prestación do servizo de depuración, así como a autorización e xestión, de ser o caso, de baleirados de fosas sépticas nas ditas instalacións.

21.5.2025

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Salceda de Caselas para a execución da actuación de novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Salceda de Caselas que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes nun novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

27.5.2025

630.339,55 €

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e os concellos de Ribadeo e Trabada para a execución da actuación de mellora do abastecemento a Ribadeo e Trabada (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e os concellos de Ribadeo e Trabada que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do abastecemento a Ribadeo e Trabada (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

30.5.2025

6.800.000,00 €

Acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Sociedade Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.) para o desenvolvemento e despregamento da rede dixital de piezometría da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, do subproxecto C05.I03.P01.S13, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A adquisición e instalación dunha rede de sensores para a monitorización dixital avanzada que proporcione datos en tempo real sobre o estado dos acuíferos no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, así como a súa integración na rede iCousas.

16.6.2025

385.369,55 €

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de saneamento e depuración da zona rural de Ferrol, fase 1A, Ferrol (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Feder Galicia 2021-2027.

O obxecto deste convenio é establecer o marco para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución do proxecto de saneamento e depuración da zona rural de Ferrol, fase 1A.

29.7.2025

4.001.669,90 €

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a execución da actuación de saneamento na ampliación da estación depuradora de augas residuais de Vilagarcía de Arousa, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na ampliación da estación depuradora de augas residuais de Vilagarcía de Arousa.

30.7.2025

25.114.642,54 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ponteareas para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación de rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido, parroquia de Ribadetea, fase I, Ponteareas (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC

2023-2027 en Galicia.

Modificar o título, o punto sexto do «expoñendo», a cláusula cuarta (obrigas das partes en relación coa normativa reguladora do Feader), a cláusula sexta (réxime de financiamento e obrigas de carácter económico), a cláusula décimo segunda (modificación do convenio), a cláusula décimo cuarta (responsabilidade por incumprimento do dereito da Unión Europea) e a cláusula décimo sexta (publicidade).

Así mesmo, engádese unha nova cláusula sexta bis (compromiso de financiamento do Concello) e modifícase o número 3 da cláusula terceira (obrigas xerais do Concello) co fin de actualizar a referencia á nova cláusula sexta bis.

13.8.2025

1.335.797,35 €