DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 4 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación, acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense, no expediente PR204A 2025/2305-3 e tres máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación, acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.

Ourense, 4 de setembro de 2025

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/equivalente

PR204A 2025/2305-3

50875168L

PR204A 2025/2823-3

35321273N

PR204A 2025/2826-3

44480560D

PR204A 2025/2883-3

44480560D