DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 4 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense, no expediente PR204A 2025/0781-3 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, dentro do prazo de dez (10) días hábiles, desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 4 de setembro de 2025

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/equivalente

PR204A 2025/0781-3

Y3696656H

PR204A 2025/1549-3

B32484818

PR204A 2025/2581-3

44491541L

PR204A 2025/2590-3

44478445X

PR204A 2025/2724-3

44664879Y

PR204A 2025/2840-3

44467991K

PR204A 2025/2855-3

36115609C

PR204A 2025/2873-3

44445114Y

PR204A 2025/2882-3

76723612M

PR204A 2025/3003-3

34948411A

PR204A 2025/3006-3

34919435F

PR204A 2025/3026-3

76728734K