DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 4192/2025, interposto contra a Resolución do 15 de maio de 2025, desestimatoria do recurso de alzada RA/DXP/CMACC/2025/00016.

Neste centro directivo recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4192/2025, interposto contra a Resolución do 15 de maio de 2025, desestimatoria do recurso de alzada RA/DXP/CMACC/2025/00016, interposto contra a Resolución do 3 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se modifica a Resolución do 27 de marzo de 2024 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2024/2025, en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2025

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural