DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados polo proxecto do Parque eólico Airas (expediente 121-EOL), no concello de Alfoz.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto do Parque eólico Airas, que se realizarán na casa do concello de Alfoz, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF así como os documentos que acrediten a titularidade.

Lugo, 8 de setembro de 2025

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 121-EOL.

Entidade beneficiaria: Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U.

Denominación: Parque eólico Airas.

Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no concello de Alfoz.

Predio

Persoa interesada

Concello

Data do acto

Hora

15

Hrdros. Antonio Carreiras Bermúdez

Alfoz

16.10.2025

9.30

6,15, 30, 68, 100, 104, 105, 123, 135

Descoñecido

Alfoz

16.10.2025

9.15

76

Humberto Díaz Ramil

Alfoz

16.10.2025

11.15

141

María Josefa Díaz Maseda

Alfoz

16.10.2025

12.55