DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 12 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de planta de produción de comida para mascotas no parque empresarial Espiñeira, no concello de Boiro (A Coruña) (expediente 2025/0040).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 10 de setembro de 2025 do proxecto Planta de produción de comida para mascotas no parque empresarial Espiñeira, no concello de Boiro (A Coruña), promovido por Petselect, S.A.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade