DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Verea (expediente IN407A 2022/202-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación de varios apoios en LMT CEL806 Bande-As Conchas, na casa do concello de Verea, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmos ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 9 de setembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/202-3.

Instalación: Regulamentación de varios apoios en LMT CEL806 Bande-As Conchas.

Concello: Verea.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Lugar: Casa do concello de Verea.

Data: 27 de outubro de 2025.

Hora: ver táboa.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

1

Puntillón

32085A069002480000IH

Descoñecido/a

12.00

3

Campiños

32085A069002340000IO

Descoñecido/a

12.00

4

Vada de Gontán

32085A069002230000IY

Descoñecido/a

12.00