O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Belesar (Baiona) e Mougás (Oia), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 21.9.2022, o presidente da CMVMC de Mougás presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Belesar (Baiona) e a CMVMC de Mougás (Oia). Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Montes de Belesar (ID: 2459) da CMVMC de Belesar.
– MVMC de Mougás (ID: 2932) da CMVMC de Mougás.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 8.9.2022.
– Acta de conciliación número 11/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Baiona do 4.5.2023.
– Certificado do 20.2.2024 da secretaria da CMVMC de Belesar coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 17.9.2022.
– Certificado do 22.2.2024 da secretaria da CMVMC de Mougás coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 30.9.2023.
– Memoria descritiva e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 21.9.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado número 712 do COETF de Galicia. Achégase a maiores uns anexos, a memoria e os planos.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: 39XBXEE58YAAH7KM e ESX8P30AHWCF896E.
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.071 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 01: x: 513.300,55; y: 4.658.444,91
Punto 02: x: 513.375,97; y: 4.658.147,12
Punto 03: x: 513.370,82; y: 4.657.988,59
Punto 04: x: 513.526,65; y: 4.657.767,29
Punto 05: x: 513.776,74; y: 4.657.717,69
Punto 06: x: 513.832,18; y: 4.657.580,02
Punto 07: x: 513.914,03; y: 4.657.472,73
Punto 08: x: 513.906,80; y: 4.657.340,66
Punto 09: x: 513.992,01; y: 4.657.105,49
Punto 10: x: 513.983,46; y: 4.657.060,41
Punto 11: x: 513.946,40; y: 4.656.956,84
Punto 12: x: 513.934,24; y: 4.656.923,31
Punto 13: x: 513.847,74; y: 4.656.747,92
Punto 14: x: 513.786,85; y: 4.656.681,30
No traballo de gabinete establécense catro puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público da estrada EP2202.
Punto 11.1: x: 513.945,15; y: 4.656.953,40
Punto 12.1: x: 513.933,93; y: 4.656.922,69
Punto 12.2: x: 513.911,37; y: 4.656.876,95
Punto 12.3: x: 513.897,43; y: 4.656.848,67
O deslindamento está formado por 3 tramos:
– Tramo 1: do punto 01 ao punto 11.
– Tramo 2: do punto 12.1 ao punto 12.2.
– Tramo 3: do punto 12.3 ao punto 14.
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.
A liña do deslindamento non é coincidente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Baiona e Oia e produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Mougás: realízase un axuste para pechar o punto inicial e final do deslindamento coa cartografía existente.
– CMVMC de Belesar: o Servizo de Montes realiza de oficio un axuste desde o punto inicial (01) co punto P01 do expediente DC22128 (deslindamento entre a CMVMC de Belesar e a CMVMC de Bahiña) e desde o punto final (14) co punto P012 do expediente DC22093 (deslindamento entre a CMVMC de Belesar e a CMVMC de Viladesuso).
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Belesar (Baiona) e Mougás (Oia), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 3 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
