DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Burgueira e Loureza (Oia) (expediente DC22070).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Burgueira e Loureza (Oia), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Burgueira presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Burgueira e a CMVMC de Loureza, ambas no concello de Oia.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Burgueira (ID: 2930) da CMVMC de Burgueira.

– MVMC de Loureza (ID: 2931) da CMVMC de Loureza.

Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 22.9.2022.

– Acta de conciliación entre as comunidades no Xulgado de Paz de Oia do 31.5.2023.

– Certificado do 2.4.2024 do secretario da CMVMC de Burgueira coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 25.9.2022.

– Certificado do 2.4.2024 do secretario da CMVMC de Loureza coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 2.4.2023.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 25.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. A emenda posterior produce a modificación desta.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: W26V7KX635WCF72D (ten en conta o deslindamento DC22071) e 5HDZE71EW21A683B (inclúe o deslindamento DC22069, DC22071 e DC22070.

Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 5.667 metros, e está composta polos seguintes puntos:

P01 - x: 512.138,84; y: 4.649.350,88

P02 - x: 512.393,21; y: 4.649.452,54

P03 - x: 512.669,68; y: 4.649.619,72

P04 - x: 513.037,05; y: 4.649.841,63

P05 - x: 513.181,05; y: 4.649.923,33

P06 - x: 513.324,11; y: 4.649.912,27

P07 - x: 514.087,74; y: 4.649.842,32

P08 - x: 514.218,18; y: 4.649.862,51

P09 - x: 514.349,67; y: 4.649.884,26

P10 - x: 514.719,44; y: 4.649.993,90

P11 - x: 514.770,15; y: 4.650.018,29

P12 - x: 514.936,82; y: 4.650.065,98

P13 - x: 515.135,59; y: 4.650.479,53

P14 - x: 515.498,33; y: 4.650.412,69

P15 - x: 515.659,26; y: 4.650.384,02

P16 - x: 515.860,81; y: 4.650.380,08

P17 - x: 516.010,05; y: 4.650.345,35

P18 - x: 516.248,45; y: 4.650.279,88

P19 - x: 516.385,87; y: 4.650.273,15

P20 - x: 516.887,63; y: 4.650.278,84

P21 - x: 517.092,69; y: 4.650.331,00

P22 - x: 517.808,21; y: 4.650.465,10

No traballo de gabinete establécense once puntos de deslindamento secundarios. Catro dos cales respectan o dominio público hidráulico (código PDPH), dous para respectar o dominio público da estrada EP-2202 (código PDP) e cinco para respectar as propiedades particulares (código PS).

PS01 - x: 512.432,97; y: 4.649.476,58

PS02 - x: 512.509,23; y: 4.649.522,69

PS03 - x: 514.411,19; y: 4.649.902,50

PDP01 - x: 514.727,29; y: 4.649.997,68

PDP02 - x: 514.735,88; y: 4.650.001,81

PS04 - x: 514.997,70; y: 4.650.192,64

PS05 - x: 515.021,95; y: 4.650.243,10

PDPH1 - x: 513.866,30; y: 4.649.862,61

PDPH2 - x: 513.868,40; y: 4.649.862,42

PDPH3 - x: 516.498,55; y: 4.650.274,43

PDPH4 - x: 516.508,12; y: 4.650.274,54

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe condición de lindeiros entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formado por sete tramos:

– Tramo 1: do punto P01 o punto PS01.

– Tramo 2: do punto PS02 o punto PDPH1.

– Tramo 3: do punto PDPH2 o punto PS03.

– Tramo 4: do punto P10 o punto PDP01.

– Tramo 5: do punto PDP02 o punto PS04.

– Tramo 6: do punto PS05 o punto PDPH3.

– Tramo 7: do punto PDPH4 o punto P22.

O punto P01 é coincidente co punto P10 do expediente DC220069 (deslindamento entre a CMVMC de Burgueira e a CMVMC de Oia). Polo que no dito punto converxen a CMVMC de Burgueira, a CMVMC de Oia e a CMVMC de Loureza.

A liña do deslindamento non respecta a liña cartográfica do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Oia e Tomiño e queda xustificado polo marco do punto P22.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Burgueira: presenta un axuste nos puntos PS01, PS02, PS03, P10 e o punto P22 para pechar a liña de deslindamento coa cartografía existente.

– CMVMC de Loureza: achega un axuste para pechar o punto inicial e final do deslindamento coa cartografía existente.

No punto P22 os esbozos de clasificación non se modificarán ata que se realice o deslindamento entre a CMVMC de Burgueira e a CMVMC de Tomiño.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Burgueira e Loureza (Oia), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigo 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigo 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 3 de setembro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra