O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Reboreda (Redondela) e Nespereira (Pazos de Borbén), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 27.9.2022, o presidente da CMVMC de Reboreda presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Reboreda (Redondela) e a CMVMC de Nespereira (Pazos de Borbén).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Reboreda (ID: 3084) da CMVMC de Reboreda.
– MVMC de Montes de Nespereira (ID: 2941) da CMVMC de Nespereira.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 17.2.2022.
– Acta de conciliación número 6 de 2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Pazos de Borbén do 25.10.2022.
– Certificado do 2.8.2022 do secretario da CMVMC de Reboreda coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 31.7.2022.
– Certificado do 7.9.2022 da secretaria da CMVMC de Nespereira coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 3.9.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 19.9.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 482 do COETF de Galicia e modificada o 27.3.2025.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: 1GNJ10W0BMKXAGWW.
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 771 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 1: x: 534.625,4; y: 4.679.723,3
Punto 2: x: 534.554,5; y: 4.679.698,3
Punto 3: x: 534.444,2; y: 4.679.673,6
Punto 4: x: 534.161,1; y: 4679.613,6
Punto 5: x: 534.174,5; y: 4.679.566,6
Punto 6: x: 533.943,9; y: 4.679,486,3
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos. A colindancia queda xustificada polo acto conciliatorio número 0000424/214 entre a CMVMC de Quintela e a CMVMC de Reboreda no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Redondela do 27.4.2015.
O deslindamento entre ambos os montes veciñais forma un tramo único.
O punto 1 é coincidente co punto 7 do expediente DC22054 (deslindamento entre a CMVMC de Reboreda e a CMVMC de Cepeda), no dito punto converxen o monte veciñal en man común da CMVMC de Reboreda, a CMVMC de Cepeda e a CMVMC de Nespereira.
A liña do deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Redondela e Pazos de Borbén.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Nespereira: o expediente de revisión de esbozo RE22024 xa recolle o deslindamento.
– CMVMC de Reboreda: axusta o punto inicial o deslindamento DC22054 e o punto final do deslindamento o acto conciliatorio número 0000424/214 entre a CMVMC de Quintela e a CMVMC de Reboreda.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Reboreda (Redondela) e de Nespereira (Pazos de Borbén), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 3 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
