O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Belesar (Baiona) e Viladesuso (Oia), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Belesar presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Belesar (Baiona) e a CMVMC de Viladesuso (Oia).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Montes de Belesar (ID: 2459) da CMVMC de Belesar.
– MVMC de Viladesuso (ID: 2935) da CMVMC de Viladesuso.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 28.8.2022.
– Acta de conciliación entre as comunidades no Xulgado de Paz de Oia do 27.3.2023.
– Certificado do 2.10.2023 da secretaria da CMVMC de Belesar coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral extraordinaria do 17.9.2022.
– Certificado do 22.9.2022 do secretario da CMVMC de Viladesuso coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral extraordinaria do 17.9.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 24.10.2023 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado número 292 do COETF de Galicia.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: BAFHXM9GGBEYE09M e 4WAAJSKXK435WRWV.
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 860 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P001: x: 513.734,32; y: 4.65.5822,73
Punto P002: x: 513.756,10; y: 4.655.910,77
Punto P003: x: 513.744,38; y: 4.655.976,95
Punto P004: x: 513.757,01; y: 4.656.187,20
Punto P005: x: 513.763,17; y: 4.656.316,60
Punto P006: x: 513.761,74; y: 4.656.326,14
Punto P007: x: 513.748,02; y: 4.656.443,54
Punto P008: x: 513.761,89; y: 4.656.544,91
Punto P009: x: 513.763,61; y: 4.656.554,79
Punto P010: x: 513.765,35; y: 4.656.564,90
Punto P011: x: 513.781,95; y: 4.656.670,20
Punto P012: x: 513.786,63; y: 4.656.681,22
Punto S001: x: 513.755,20; y: 4.655.915,85
Punto S002: x: 513.753,91; y: 4.655.923,14
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios. Respéctase o dominio público da estrada EP-2202.
O deslindamento está formado por dous tramos:
Tramo 1: do punto P001 ao punto S001.
Tramo 2: do punto S002 ao punto P012.
A liña do deslindamento non é coincidente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Oia e Baiona.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Viladesuso: presenta uns axustes para pechar o deslindamento no punto inicial e final coa cartografía existente.
– CMVMC de Belesar: presenta un axuste para pechar o deslindamento no punto inicial (P001) coa cartografía existente e o Servizo de Montes de oficio realiza un axuste desde o punto final (P012) ao punto 14 do deslindamento DC22018.
Cabe mencionar que o deslindamento e os axustes respectan a cartografía do esbozo de clasificación da CMVMC de Burgueira. Ben que os esbozos de clasificación da CMVMC de Belesar e a CMVMC de Burgueira se superpoñen na zona noroeste con respecto ao esbozo de clasificación de Burgueira, poden quedar definidos os esbozos de clasificación cando deslinden as dúas comunidades.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Belesar (Baiona) e Viladesuso (Oia), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 3 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
