O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 23.7.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Reboreda (Redondela) e Cepeda (Pazos de Borbén), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 27.9.2022 o presidente da CMVMC de Reboreda presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Reboreda (Redondela) e a CMVMC de Cepeda (Pazos de Borbén).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Reboreda (ID: 3084) da CMVMC de Reboreda.
– MVMC de Montes de Cepeda (ID: 2938) da CMVMC de Cepeda.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 8.1.2022.
– Acta de conciliación número 5 de 2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Pazos de Borbén do 27.10.2022.
– Certificado do 2.8.2022 do secretario da CMVMC de Reboreda, coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 31.7.2022.
– Certificado do 23.8.2022 da secretaria da CMVMC de Cepeda, coa conformidade do presidente da aprobación na Asemblea Xeral do 21.8.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 2.9.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 482 do COETF de Galicia e modificada o 3.4.2025.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: YHQWMGN1RAQ6NF28.
Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.730 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 2: x: 535.761,9; y: 4.680.944,5
Punto 3: x: 535.606,7; y: 4.680.793,2
Punto 4: x: 535.281,2; y: 4.680.431,4
Punto 5: x: 535.178,5; y: 4.680.229,5
Punto 6: x: 534.919,0; y: 4.679.808,3
Punto 7: x: 534.625,4; y: 4.679.723,3
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos. No tramo entre o punto 6 e o punto 7 a liña de deslindamento invade a resolución de clasificación do MVMC de Montes de Nespereira, quedando xustificado a colindancia pola revisión de esbozo da CMVMC de Nespereira (RE22024) e polo expediente de deslindamento DC22033 (deslindamento entre a CMVMC de Reboreda e a CMVMC de Nespereira).
Na acta de conciliación vén reflectido o punto P.01 (x: 535.875,9; y: 4.680.982.2), onde se localiza o fito histórico que define o límite entre os concellos de Redondela e Pazos de Borbén). O dito fito sinala a dirección da liña de deslindamento entre os MVMC, pero non forma parte dos puntos que definen o deslindamento.
O deslindamento está formado por un único tramo, que se inicia no punto 2 e finaliza no punto 7.
O punto 7 é coincidente co punto 1 do expediente DC22033 (deslindamento entre a CMVMC de Reboreda e a CMVMC de Nespereira), polo que no dito punto converxen o monte veciñal da CMVMC de Reboreda, CMVMC de Cepeda e a CMVMC de Nespereira.
A liña do deslindamento non é coincidente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Redondela e Pazos de Borbén.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Cepeda: o expediente de revisión de esbozo RE22015 respecta o deslindamento actual, pero non se axusta a el. Polo que o Servizo de Montes realiza un pequeno axuste da revisión de esbozo ata o punto 2 do deslindamento.
– MVMC de Reboreda: axusta o punto inicial do deslindamento co resto do seu esbozo. Axústase ao deslindamento administrativo parcial do monte Buxel nos seus lindeiros co monte Picapedrouzos publicado no Boletín Oficial da provincia o 26.10.1983 (DOG núm. 144, do 28 de xullo de 1984) e o punto final axústase ao expediente DC22033.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Reboreda (Redondela) e Cepeda (Pazos de Borbén), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 3 de setembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
