DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Reboreda (Redondela) e Amoedo (Pazos de Borbén) (expediente DC22032).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 23.7.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Reboreda (Redondela) e Amoedo (Pazos de Borbén), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 27.9.2022 o presidente da CMVMC de Reboreda, presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Reboreda (Redondela) e a CMVMC de Amoedo (Pazos de Borbén).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Amoedo (ID: 2936) da CMVMC de Amoedo.

– MVMC de Reboreda (ID: 3084) da CMVMC de Reboreda.

Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 1.2.2022.

– Acta de conciliación núm. 5 do 2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Pazos de Borbén do 27.10.2022.

– Certificado do 2.8.2022 do secretario da CMVMC de Reboreda coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 31.7.2022.

– Certificado do 28.3.2025 do secretario da CMVMC de Amoedo coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 4.6.2022

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 19.9.2022 e modificada o 27.3.2025 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 482 do COETF de Galicia. Cunha corrección desta do 4.4.2025.

– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 0YD57CT570GC87AW.

Segundo. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.417 metros, e está composta polos seguintes puntos:

Punto P 02 - x: 535.865,94 y: 4.681.081,46

Punto P 03 - x: 535.867,04 y: 4.681.127,28

Punto P 04 - x: 535.858,09 y: 4.681.187,17

Punto P 05 - x: 535.841,58 y: 4.681.318,77

Punto P 06 - x: 535.838,16 y: 4.681.386,82

Punto P 07 - x: 535.829,81 y: 4.681.524,85

Punto P 08 - x: 535.824,28 y: 4.681.632,55

Punto P 09 - x: 535.799,88 y: 4.682.025,60

Punto P 10 - x: 535.797,54 y: 4.682.045,54

Punto P 11 - x: 535.788,59 y: 4.682.118,48

Punto P 12 - x: 535.780,15 y: 4.682.182,18

Punto P 13 - x: 535.724,77 y: 4.682.285,04

Punto P 14 - x: 535.716,19 y: 4.682.309,36

Punto P 15 - x: 535.713,15 y: 4.682.351,45

Punto P 16 - x: 535.712,24 y: 4.682.363,94

Punto P S01 - x: 535.874,70 y: 4.680.994,46

Punto P S02 - x: 535.713,15 y: 4.682.351,45

Punto P S03 - x: 535.712,24 y: 4.682.363,94

Punto P S04 - x: 535.694,45 y: 4.682.398,87

Na acta de conciliación vén reflectido o punto P.01 (x:535.875,9; y:4.680.982.2), onde se localiza o fito histórico que define o límite entre os concellos de Redondela e Pazos de Borbén. Segundo a memoria trátase dun marco situado nun encravado de propiedade particular que, sinala a dirección da liña de deslindamento entre os montes veciñais de Reboreda e Amoedo, pero non forma parte dos puntos que definen o deslindamento. Polo que, a condición de lindeiros entre os dous montes veciñais vese interrompida no tramo entre o punto P. 01 e o punto S.01, pola existencia das propiedades particulares.

No traballo de campo o punto S01 respecta a propiedade particular, os puntos S02 e S03 respectan o dominio público da estrada PO-250 e o punto S04 respecta o dominio público hidráulico.

Do punto P05 ao punto P14 e do punto P17 ao punto P18 o deslindamento toma de referencia as balizas do gasoduto.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que non existe condición de lindeiros entre ambos. A dita condición de lindeiros queda xustificada polo deslindamento administrativo parcial do monte Buxel no seu carácter de lindeiro co monte Picapedrouzos publicado no Boletín Oficial da provincia o 26.10.1983 (DOG núm. 144 do 28.7.1984). Este deslindamento é recoñecido polo presidente da CMVMC de Ventosela nun escrito do 12.3.2025.

O deslindamento está formado por dous tramos:

– Tramo 1: do punto S04 ao punto S03.

– Tramo 2: do punto S02 ao punto S01.

A liña do deslindamento non coincide exactamente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Redondela e Pazos de Borbén. Así mesmo, considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– MVMC de Reboreda: axusta o punto inicial e final do deslindamento co resto do seu esbozo. Axústase ao deslindamento administrativo parcial do monte Buxel na súa condición de lindeiro co monte Picapedrouzos.

– MVMC de Ventosela: o servizo de montes de oficio modifica o esbozo de clasificación con base no antedito deslinde administrativo.

– MVMC de Amoedo: presenta un axuste do esbozo que é modificado polo servizo para que o dito esbozo respecte o deslindamento entre a CMVMC de Cepeda e a CMVMC de Amoedo (PO-DESC-01/15).

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Terceiro. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Reboreda (Redondela) e de Amoedo (Pazos de Borbén), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 3 de setembro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra