DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50931

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal por interinidade.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de persoal dunha praza de técnico de administración da Secretaría Xeral.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 18 de setembro de 2025

Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar