Faise constar que, unha vez publicado o anuncio da convocatoria no DOG núm. 73, do 15 de abril de 2025, detectouse un erro material nas bases da convocatoria das prazas: PERTE47-25-TSUP-PROMO; PERTE47-25-TCP-XESTION; PERTE47-25-TEI-ADM-SEC publicadas na web https://www.cesga.es/transparencia/empleo/
– No anexo 02, no cadro da convocatoria da páxina 23, onde di: «Duración determinada para realización de proxecto PERTE47», debe dicir: «Contrato de actividades científico-técnicas».
– No anexo 02, no cadro da convocatoria da páxina 26, onde di: «Duración determinada para realización de proxecto PERTE47», debe dicir: «Contrato de actividades científico-técnicas».
– No anexo 02, no cadro da convocatoria da páxina 30, onde di: «Duración determinada para realización de proxecto PERTE47», debe dicir: «Contrato de actividades científico-técnicas».
As bases corrixidas constan na web https://www.cesga.es/transparencia/empleo e poderán descargarse a partir do día seguinte ao da publicación no DOG do presente anuncio.
Considerando que se trata dun erro material que non altera as condicións da convocatoria e estando estas prazas en fase de resolución definitiva, ábrese un prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren oportunas.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025
José Ignacio López Cabido
Xerente en funcións da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
