DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO da convocatoria de dous postos de operario e cinco postos de persoal de limpeza (limpadores/as), vacantes na relación de postos de traballo correspondentes ás ofertas de emprego público dos anos 2021, 2022, 2023 e 2024.

Publicadas integramente as bases que rexerán as convocatorias públicas para prover as seguintes prazas de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición libre, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tomiño https://tomino.sedelectronica.gal/, así como no

1. Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 146, do 4 de agosto de 2025 (dous operarios).

2. Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 35, do 20 de febreiro de 2025 (cinco prazas de persoal de limpeza).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Tomiño, 3 de setembro de 2025

Sandra González Álvarez
Alcaldesa