DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50928

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da corrección material das bases específicas do posto de director/a da Banda Municipal de Música.

No Diario Oficial de Galicia número 139, do 22 de xullo de 2025, publicouse o anuncio da convocatoria do posto de director/a da Banda Municipal de Música.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 180, do 22 de setembro de 2025, publicouse a Resolución número 2025/10040 do concelleiro delegado de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, do 11 de setembro de 2025, pola que se acorda unha corrección material da convocatoria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 125, do 3 de xullo de 2025.

En consecuencia, queda sen efecto o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 139, do 22 de xullo de 2025.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía do 17.6.2023)
Manuel César Vila
Concelleiro delegado de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local