De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto para notificar |
Referencia catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 978-2025) Resolución inicio O.E. do 27.7.2025 |
36043A023006020000JZ (Polígono 23, parcela 602) |
Buchabade-Tourón Ponte Caldelas |
Alsira Borela Portela |
|
Orde de execución (exp. 306-2025) Resolución inicio O.E. do 26.8.2025 |
36043A050008000000JT (Polígono 50, parcela 800) |
Baltar-Xustáns Ponte Caldelas |
Manuel Juncal Garrido |
|
Orde de execución (exp. 1787-2025) Resolución inicio O.E. do 27.8.2025 |
36043A030010500000JF (Polígono 30, parcela 1050) |
Anceu Ponte Caldelas |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1671-2025) Resolución inicio O.E. do 28.8.2025 |
36043A036002390000JH 36043A036002390001KJ (Polígono 36, parcela 239) |
A Roca-A Insua Ponte Caldelas |
Herminda Martínez Vaqueiro |
|
Orde de execución (exp. 1788-2025) Resolución inicio O.E. do 29.8.2025 |
36043A023006340000JZ (Polígono 23, parcela 634) |
Buchabade-Tourón Ponte Caldelas |
José Jacinto Fernández Gómez |
|
Orde de execución (exp. 1789-2025) Resolución inicio O.E. do 29.8.2025 |
36043A023006330000JS 36043A023006330001KD (Polígono 23, parcela 633) |
Buchabade-Tourón Ponte Caldelas |
Manuel Fernández García |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, e que os custos repercutirán ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 29 de agosto de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
