DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO de notificación do acordo de incoación de expediente de xestión da biomasa.

Consultados os datos catastrais referidos á parcela con referencia catastral 36028A229000070000XJ, resulta que neles a titularidade da dita parcela aparece cun nome sen DNI asociado e sen ningún tipo de dato referente ao domicilio, polo que é imposible coñecer o domicilio para os efectos de poder notificar a obriga de limpar a maleza e cortar as árbores da dita parcela.

Que, ao abeiro do artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tendo en conta que, descoñecido o DNI, así como o domicilio do titular da parcela catastral, resulta imposible efectuar a notificación.

De conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a notificación da obriga de xestionar a biomasa na parcela coa seguinte referencia catastral: 36028A229000070000XJ.

Por esta publicación concédeselle ao titular da dita parcela un prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para proceder á xestión da biomasa da parcela.

Contra este acordo, que resulta ser un acto de trámite que non decide sobre o fondo do asunto, non cabe a interposición de ningún recurso. O titular da parcela, que así o acredite, poderá recoller copia da resolución nas dependencias municipais e formular as alegacións que xulgue oportunas, e poderá propoñer proba no caso de que o considere necesario.

O que notifico mediante publicación, en cumprimento do disposto nos artigos 40 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, así como no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Meis, 19 de agosto de 2025

Marta Giráldez Barral
Alcaldesa