DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 50986

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 15 de setembro de 2025 pola que se outorga nomeamento dunha rexistradora da propiedade, mercantil e de bens mobles para un rexistro vacante.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 322 convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 3 de xullo de 2025 (BOE do 14 de xullo) e resolto pola Resolución do 8 de setembro de 2025, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución; co Decreto da Xunta de Galicia 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

DISPOÑO:

Nomear a rexistradora comprendida na citada resolución e que no anexo se relaciona para prover o rexistro vacante radicado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

– Ana Cristina Nogueira Ramadas, rexistradora de Vilagarcía de Arousa para o Rexistro de Santiago de Compostela número 1.