DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 50995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha nave de porcino e balsa de xurros dunha explotación gandeira no lugar de Lobeiro, na parroquia de Maceda, no concello de Melide (A Coruña) (expediente 2024/0052).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 17 de febreiro de 2025, sobre o proxecto de ampliación dunha nave de porcino e balsa de xurros dunha explotación gandeira no lugar de Lobeiro, na parroquia de Maceda, no concello de Melide (A Coruña), promovido por Ganadería Lobeiro, S.C.

A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade