Expediente: IN407A 2023/363-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMT, CT e RBT Negrelle II.
Concello: Aranga.
Feitos:
1. O día 24.8.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona e crear a capacidade para atender futuras demandas.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan a seguinte documentación:
– Proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Negrelle II, asinado o 17.5.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado LE-1010.
– Anexo asinado o 22.9.2023 polo mesmo enxeñeiro.
– Anexo 2, asinado o 11.4.2025 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica, nº colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 14.9.2023 publicado nos seguintes medios:
– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria, cun prazo de alegacións desde o 6.10.2023 ata o 20.11.2023.
– DOG: 5.10.2023.
– BOP: 20.9.2023.
– Xornal La Voz de Galicia: 11.10.2023.
– Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal do 18.3.2024.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, nin reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Servizo de Infraestruturas Agrarias Concello de Aranga, Servizo de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 2.9.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27.5.2024).
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na parroquia de Cambás (San Pedro), no concello de Aranga, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie Negrelle (expedientes 32.339 e IN407A 2016/590-1/matrícula 15A429), pertencente á arquitectura do treito da LMT PED-706 autorizado no expediente 32.339, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, instalado no apoio de formigón nº 132-12-11-CT (matrícula B3KRIM0J), que se mantén.
– Modificación, respectando a localización actual, do antedito apoio nº 132-12-11-CT, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas e de novos elementos de protección e manobra tipo XS.
– Instalación, na parcela con referencia catastral 15003A501021180000QE, sita no lugar de Negrelle (Cambás), dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 160 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva).
– Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 146 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) por instalar no apoio nº 132-12-11-CT modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.
4. Do visto na visita realizada o 30.4.2025 non se apreciou ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás que se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe, no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 4 de setembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Expediente: IN407A 2023/363-1 - LMT, CT e RBT Negrelle II (Aranga)
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT soterrada (servidume |
Natureza do terreo |
||
|
CT/nº do apoio |
Superficie (m²) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m²) |
|||||
|
1 |
Jesús Ángel Roca Díaz |
15003A501021180000QE |
Lugar de Castro (Rexeo) |
CT e acceso |
34,12 |
Prados ou pradarías |
||
