O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio a agosto do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2025
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total do convenio |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia para o desenvolvemento das actuacións de fomento e difusión da seguridade industrial en Galicia. |
9.5.2025 |
107.350,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Áridos para a asistencia dunha delegación do sector dos áridos de Galicia ao VII Congreso Nacional dos Áridos. |
2.6.2025 |
19.986,66 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Estacións de Servizo para o desenvolvemento de actuacións de fomento da modernización tecnolóxica das estacións de servizo rurais en Galicia. |
19.6.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais para o desenvolvemento das actuacións de fomento e difusión da seguridade industrial en Galicia. |
27.6.2025 |
61.500,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Ceramistas para a realización de actuacións de fomento da sustentabilidade no sector da cerámica. |
30.6.2025 |
30.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, a Federación Galega de Estacións de Servizo e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a modernización das estacións de servizo e a implantación de medidas para a disposición de efectivo nestas, nos municipios de menos de 20.000 habitantes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
9.7.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o funcionamento da Oficina de impulso de proxectos europeos (OIPE) no 2025. |
15.7.2025 |
90.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster da Lousa de Galicia para a realización de actuacións específicas de fomento do sector da lousa no ámbito da sustentabilidade. |
15.7.2025 |
130.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización de actuacións específicas de fomento da minaría sustentable no 2025. |
16.7.2025 |
90.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Consorcio Aeroespacial Galego para a realización de estudos dos sectores do aeroespazo, a seguridade e a defensa no marco do observatorio do sector aeroespacial, da seguridade e a defensa. |
17.7.2025 |
94.220,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para apoiar a estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2025. |
21.7.2025 |
80.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2025. |
24.7.2025 |
80.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Economía e Industria e o Consorcio Aeroespacial Galego para a realización de actividades de promoción, difusión e divulgación do sector aeroespacial de Galicia. |
31.7.2025 |
58.870,00 € |
|
Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia para o desenvolvemento das actuacións de fomento e difusión da seguridade industrial en Galicia. |
7.8.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizado (Asgoca) para a realización dun plan extraordinario de inspección en materia de seguridade industrial e unha campaña de inspección de vixilancia de mercado en 2025. |
8.8.2025 |
143.025,27 € |
