DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 50971

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Acordo de adhesión da Universidade de Barcelona ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela

0,00 €

2.5.2025

Convenio entre o Consorcio Centro de Investigación Biomédica en Rede (Ciber) e o Servizo Galego de Saúde no marco do proxecto de investigación de medicina personalizada de precisión da Acción Estratéxica en Saúde 2021-2023, baixo o Perte para a Saúde de Vangarda e con cargo aos fondos europeos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

752.400,00 €

5.5.2025

Acordo de adhesión da Universidade de Castilla-La Mancha ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela

0,00 €

9.5.2025

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o laboratorio Merck Sharp & Dohme de España, S.A.

0,00 €

9.5.2025

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Universidade de Vigo para o fomento da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos no ámbito desta universidade

0,00 €

13.5.2025

Acordo de adhesión da Universidade Europea do Atlántico ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela

0,00 €

14.5.2025

Protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia, o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento dun plan de mellora do ensino universitario de Enfermaría

0,00 €

15.5.2025

Addenda de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a continuidade e o desenvolvemento do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

0,00 €

15.5.2025

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster

0,00 €

19.5.2025

Convenio marco de colaboración entre a Asociación Cultural, Científico-Tecnolóxica e Social Black&Chain Comunity e o Servizo Galego de Saúde para a realización de actividades nos centros sanitarios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que melloren a calidade de vida dos pacientes e que fomenten as prácticas artísticas na contorna sanitaria

0,00 €

20.5.2025

Acordo específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Roche Farma, S.A.U. para a medición de resultados en saúde

0,00 €

22.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Gallega de Asociacións de Atención a las Personas con Parálisis Cerebral (Aspace Galicia) para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual no Sistema sanitario público de Galicia

0,00 €

22.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga- Plena Inclusión Galicia) para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual no Sistema sanitario público de Galicia

0,00 €

22.5.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Sociedade Española de Retina e Vítreo e a Fundación Retina Plus+ para o desenvolvemento dun programa de formación de expertos en retina

0,00 €

22.5.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Down Galicia para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

0,00 €

22.5.2025

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Health Economics, S.L. para o desenvolvemento da actividade formativa Medicina personalizada e de precisión: presente e futuro

0,00 €

27.5.2025

Protocolo de intencións entre a Xunta de Galicia e o Goberno de Aragón para a colaboración en materia de compra pública agregada no ámbito sanitario

0,00 €

28.5.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cee en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Cee

322.008,36 €

4.6.2025

Acordo de adhesión da Facultade de Ciencias da Saúde de Manresa da Universitat de Vic ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade, e das entidades instrumentais adscritas a ela

0,00 €

5.6.2025

Acordo de adhesión da Universidad Tecnológica de las Islas Canarias ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela

0,00 €

5.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia polo que se instrumenta a subvención nominativa para a realización de actuacións no ámbito do estudo e da investigación das ciencias médicas

30.000,00 €

6.6.2025

Acordo entre a Consellería de Sanidade e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o tratamento de datos procedentes do Sistema público de saúde de Galicia por mor dun estudo en materia de absentismo laboral en Galicia

0,00 €

9.6.2025

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Pfizer, S.L.U. para a organización da Xornada de Humanización Sanitaria 2025

3.000,00 €

11.6.2025

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Abbott Laboratories, S.A. para a colaboración no desenvolvemento dun plan de formación sobre diabete e o emprego dos sensores de monitorización de glicosa intersticial

21.800,00 €

12.6.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cultural O Castro para a realización de actividades de acompañamento e animación nos hospitais da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

0,00 €

18.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Farmacia de Galicia polo que se instrumenta a subvención nominativa para a realización de actuacións no ámbito do estudo e da investigación das ciencias farmacéuticas

30.000,00 €

23.6.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Clúster Saúde de Galicia, para a promoción desde o Clúster Saúde de Galicia do desenvolvemento e a difusión da innovación en saúde de empresas do sector saúde e do sector sociosanitario

100.000,00 €

26.6.2025

Décimo noveno acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

697.515,89 €

27.6.2025

Décimo noveno acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

127.545,85 €

27.6.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Coruña polo que se desenvolve o convenio marco asinado o 4 de outubro de 2021, para a dotación dun centro de saúde no antigo Mercado de Santa Lucía (A Coruña)

10.588.054,14 €

27.6.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Dorzán para o desenvolvemento do programa Música e Saúde no Hospital Universitario de Ourense

0,00 €

27.6.2025

Vixésimo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 18 de xuño de 2001

4.382.676,95 €

30.6.2025

Acordo de adhesión da Universidad Antonio de Nebrija ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade, e das entidades instrumentais adscritas a ela

0,00 €

1.7.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo para a utilización das institucións sanitarias na docencia do grao universitario en Enxeñaría Biomédica

559.964,16 €

2.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. e a Universidade de Santiago de Compostela, en relación co centro de fabricación de medicamentos CAR-T e outros medicamentos de inmunoterapia celular avanzada de Galicia

O correspondente aos gastos de acondicionamento e subministracións do centro

7.7.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Deputación Provincial de Pontevedra, a través do seu museo, para a posta en marcha do Programa de prescrición social e cultural na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

0,00 €

14.7.2025

Acordo específico de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo (Uruguai), para o intercambio e a mellora da formación técnica e científica en transplante pulmonar

0,00 €

17.7.2025

Convenio entre o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Universidad de Alcalá (UAH) e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización dun curso de incapacidade temporal para médicos asistenciais na modalidade en liña

165.497,34 €

17.7.2025

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia para a análise de biotoxinas dentro do control oficial de moluscos bivalvos

120.000,00 €

18.7.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), para o desenvolvemento do proxecto de investigación titulado: Exosomas híbridos para inmunomodulación de linfocitos T mediante cross-dressing

0,00 €

22.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería de Medio Rural, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela para a vixilancia das carrachas e dos mosquitos vectores de enfermidade humana e animal dentro da Rede galega de vixilancia de vectores (Regavivec)

544.500,00 €

22.7.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores

72.771,00 €

23.7.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) polo que se encomenda o desenvolvemento do proxecto Aloumiños

127.000,00 €

23.7.2025

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur (FPGIBGS) para o desenvolvemento do programa de medicina preditiva pertencente á infraestrutura de medicina de precisión asociada á ciencia e á tecnoloxía (programa Cohorte IMPaCT)

124.198,13 €

23.7.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para a rehabilitación fisioterapéutica nas enfermidades raras e neurodexenerativas

32.803,00 €

23.7.2025

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria

43.405,00 €

23.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., coa finalidade do mantemento integral do equipamento de alta tecnoloxía da marca Brainlab

0,00 €1

29.7.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Asociación Plan Comunitario de Teis, para a execución e o desenvolvemento dun plan comunitario de saúde

180.000,00 €

6.8.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a realización de programas de atención e protección da saúde

4.022.800,00 €

8.8.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), para o desenvolvemento do proxecto de investigación titulado: Desenvolvemento de sistemas non virales para a transfección de células inmunitarias

0,00 €

19.8.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e o Centro Comunitario de Sangue e Tecidos de Asturias, para o establecemento dun programa de actuación en materia de extracción de sangue de cordón umbilical e o seu procesamento

0,00 €

21.8.2025

Acordo de adhesión da Universidade de Bos Aires–Facultade de Ciencias Médicas ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela

0,00 €

23.8.2025

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Organon Salud, S.L. para a organización da xornada de saúde con perspectiva Muller Hoxe

4.000,00 €

28.8.2025

1 Convenio asinado sen achega económica por formar parte dun expediente de contratación