DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 50976

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de maio a agosto de 2025, a cal se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Para os efectos de completar a Resolución do 19 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2025 (DOG núm. 101, do 28 de maio), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre de 2025 e que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Emprego, Comercio e Emigración

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio
e Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2025

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións de Xestión Universitaria (Cixug) para o fomento do emprendemento a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbito universitario de Galicia

Colaboración das tres universidades galegas no proceso de cualificacións das iniciativas empresariais de base tecnolóxica (IEBT) en Galicia, a través do Comité de IEBT, impulsando o fomento da cultura emprendedora e o espírito empresarial innovador entre a poboación universitaria, e prestando o apoio e asesoramento técnico ás persoas promotoras na realización do plan de empresa e no plan económico-financeiro, así como na posta en marcha dos proxectos e na tramitación dos expedientes de solicitude de cualificación de IEBT

20.5.2025

75.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as asociacións de Persoas Traballadoras Autónomas de Galicia presentes na Mesa do Traballo Autónomo de Galicia, para o apoio no programa de Remuda xeracional de negocios

Desenvolvemento de actividades de apoio no programa Remuda xeracional de negocios posto en marcha en 2024, co fin de facilitar a dita remuda xeracional, proporcionando asesoramento e emitindo o informe de valoración do Plan de negocio das persoas que o soliciten, de cara á presentación de solicitudes do Programa de axudas para a remuda xeracional de negocios (código de procedemento TR353D), así como para incluír na bolsa de remuda de negocios da Xunta de Galicia todos aqueles negocios de que teñan coñecemento e se atopen próximos ao peche por falta de remuda xeracional

30.6.2025

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia para o desenvolvemento do proxecto Benseguro

O obxecto deste convenio é establecer as condicións e os compromisos de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Fundación Laboral da Construcción de Galicia, nas cales se desenvolverá o proxecto Benseguro, cuxa finalidade principal é a de minimizar a sinistralidade laboral no sector da construción, con especial importancia das obras menores

9.7.2025

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as orzanizacións sindicais e empresariais no marco do Plan de actuacións integral (PAI) As Pontes de García Rodríguez-Meirama, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027

O obxecto do presente convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as organizacións asinantes respecto das actuacións do Plan de actuacións integral (PAI) As Pontes de García Rodríguez-Meirama para as anualidades 2025-2028

22.7.2025

1.508.942,32 €

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para potenciar a formación en materia de ciberseguridade no ámbito da adquisición de competencias en empresas no contexto do programa Retech (Redes territoriais de especialización tecnolóxica) e no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Nextgeneration (PRTR), a través de Incibe

O presente convenio de colaboración ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Amtega e a Consellería para a execución de cursos destinados a profesionais no eido da ciberseguridade no ámbito do transporte intelixente e outras temáticas transversais relacionadas coa dita tecnoloxía, co fin de potenciar a formación en materia de ciberseguridade no ámbito da adquisición de competencias en empresas no contexto do programa Retech e no marco do proxecto galego de apoio á adquisición de competencias de ciberseguridade nos profesionais

5.8.2025

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

O obxecto deste convenio é a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes del; actuando de xeito máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega

14.7.2025

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Grupo Industrial Valiant 2017, S.L. para o desenvolvemento de prácticas non laborais

O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa Grupo Industrial Valiant 2017, S.L.

9.6.2025

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e Gleevi. Global Freelance Services, S.L. para o desenvolvemento de prácticas non laborais

O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa Gleevi. Global Freelance Services, S.L.

11.6.2025

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e I Mas D Capacitación Profesional Siglo XXI, S.L. para o desenvolvemento de prácticas non laborais

O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa I Mas D Capacitación Profesional XXI, S.L.

17.7.2025

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster do Ecommerce Galego para a realización do Programa de formación en comercio electrónico dirixido a persoas emprendedoras, integrado no programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia

Realización do programa de formación E-Commerce dirixido a persoas emprendedoras

9.5.2025

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Cultural Sende para a realización do proxecto Fixar, de emprendemento e coliving, para asentar a poboación no rural galego, integrado no programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia

Realización do proxecto Fixar, de emprendemento e coliving para asentar a poboación no rural galego

21.5.2025

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Xoves Empresarios (AJE Galicia) para a realización de actividades de fomento do emprendemento, integradas no programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia

Realización de actividades de fomento do emprendemento

19.6.2025

160.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Juana de Vega para o financiamento da coordinación da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

Coordinación da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

22.7.2025

350.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo para realizar actuacións de difusión, promoción e apoio ao emprendemento na comunidade universitaria, integradas no programa anual de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia

Realización de actuacións de difusión, promoción e apoio ao emprendemento na comunidade universitaria

19.8.2025

343.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) durante o ano 2025

Realización das actividades do Centro de Estudos Cooperativos da USC durante o ano 2025

4.6.2025

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Foro pola Economía Social Galega para a visibilización e o fomento da participación da economía social galega durante o ano 2025

Visibilización e fomento da economía social galega durante o ano 2025

18.6.2025

60.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Universidade de Santiago de Compostela para a actualización da información recollida no Portal estatístico da economía social galega (Galestat) a través do Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) durante o ano 2025

Actualización da información recollida no Portal estatístico da economía social galega (Galestat) a través do Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) durante o ano 2025, cuxo obxectivo consiste en ofrecer de forma permanente e continuada no tempo a información estatística máis relevante dos diferentes actores que integran a economía social no ámbito dos produtores de mercado

10.6.2025

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Academia Galega do Audiovisual para o desenvolvemento dunha programación estable de cinema galego en entidades galegas do exterior

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para desenvolver unha programación estable de cinema galego en oito entidades galegas no exterior a través do Ciclo Mestre Mateo, un proxecto audiovisual orixinal impulsado pola Academia Galega do Audiovisual

7.5.2025

29.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Centro Galicia de Bos Aires, Cultural, Social e Deportivo para contribuír ao mantemento do centro

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao mantemento do centro, en vista da importancia das actividades que desenvolve, da repercusión destas tanto na cidadanía de Bos Aires como, en especial, nas persoas de orixe galega residentes na República Arxentina, e do apoio que presta no desenvolvemento dos programas da Secretaría Xeral da Emigración

19.5.2025

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia

Establecer o marco da colaboración e de actuación coordinada entre as entidades asinantes para desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residan no exterior, así como as que retornen á Comunidade Autónoma galega

30.5.2025

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Centro Gallego de Maracaibo para contribuír ao mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Maracaibo, Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao mantemento da oficina de información e de asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

3.6.2025

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Fillos de Ourense (Fundaourense) de Venezuela para a atención das necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento dos servizos de residencia e/ou de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de idade, marxinación, carencia ou de dependencia, se atopan en situación de necesidade e ás que non se pode chegar a través doutros mecanismos de colaboración

3.6.2025

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV) para a prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos servizos de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de exclusión social, idade, falta de ingresos ou de dependencia, non poden afrontar o custo das prestacións que precisan e non teñen cobertura a través doutros mecanismos de colaboración

3.6.2025

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia 2025

Realización de accións de promoción comercial, asesoramento, formación e información ao asociacionismo comercial e impulso da dixitalización da Federación Galega de Comercio e dos seus asociados

13.5.2025

627.900,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadavia para o desenvolvemento do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas

Desenvolvemento do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas

22.5.2025

589.050,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación de Librarías de Galicia para o desenvolvemento do proxecto de incentivación comercial Ti de quen es, de algoritmos ou de persoas?

Proxecto de incentivación comercial Ti de quen es, de algoritmos ou de persoas?

30.6.2025

40.000€

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Asociacións e Gremios de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros para a realización de diversas actuacións de revitalización comercial e de incentivación do consumo

Realización de diversas actuacións de revitalización comercial e de incentivación do consumo

4.7.2025

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación de Comerciantes A Mariña para a revitalización e promoción do comercio local da Mariña lucense

Revitalización e promoción do comercio local da Mariña lucense

18.7.2025

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad de Galicia (Cermi-Galicia) para implantar un programa de asistencia ás persoas con discapacidade para comprar nos establecementos comerciais

Implantar un programa de asistencia ás persoas con discapacidade para comprar nos establecementos comerciais

19.8.2025

13.805,61 €

ANEXO II

Convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos pola Consellería
de Emprego, Comercio e Emigración no primeiro cuadrimestre de 2025

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Hermandad Gallega de Valencia para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Valencia, Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e das actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

8.4.2025

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Centro Gallego de Mar del Plata, para a atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Mar del Plata (Arxentina) acollida no centro de día

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da atención que se lles presta ás persoas galegas acollidas no centro de día

11.4.2025

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires, Arxentina, para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Bos Aires

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á prestación de asistencia ás persoas galegas que residen no Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires que, por razón de carencia ou de dependencia, se atopen en situación de necesidade e non poidan afrontar o custo da súa estadía

25.4.2025

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Hogar Español de Montevideo (Uruguai), para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Montevideo

Establecer o marco da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Hogar Español de Montevideo co fin de contribuír á prestación de asistencia ás persoas galegas que se atopen en situación de necesidade e non poidan afrontar o custo da súa estancia nel por razóns de carencia ou dependencia

11.4.2025

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Hermandad Gallega de Valencia coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día de Valencia (Venezuela)

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de día de titularidade desta última

10.4.2025

10.000,00 €