DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 50992

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2025 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á escala técnica superior de administración, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución do 10 de marzo de 2025 (DOG do 19 de marzo) convocáronse probas selectivas para cubrir nove prazas da escala técnica superior de administración, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou a omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

– María Pilar Martínez García, persoal directivo profesional da USC.

Vogais:

– Juan José Nieto Montero, profesor titular de universidade da USC.

– Carlos Gómez Otero, persoal directivo profesional da USC.

– María del Carmen Soengas Seoane, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

Secretario:

– José Rodríguez Dopazo, funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– Maruxa Casal Reyes, persoal directivo profesional da USC.

Vogais:

– Luis Míguez Macho, catedrático de universidade da USC.

– Elena Meaños Melón, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

– Miguel Anxo López Quian, funcionario de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

Secretaria:

– Silvia M. Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela