DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 51063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de peón/peoa xardineiro/a como persoal laboral fixo (OEP 2022) (expediente GD 9452/2022).

A Xunta de Goberno Local, do 19 de xuño de 2025, aprobou a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de peón/peoa xardineiro/a como persoal laboral fixo (oferta de emprego público 2022) do Concello de Ames.

O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado. As bases íntegras publicáronse no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 122, do 30 de xuño de 2025.

Ademais publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ames.

Ames, 7 de agosto de 2025

José Blas García Piñeiro
Alcalde