DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 51064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 1 de setembro de 2025 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Custos da

exec. subsidiaria

Orde de execución

(Exp. 1012-2025)

Resolución de inicio O.E. do 1.9.2025

36043A026003530000JP- 36043A026003530001KA (Polígono 26-Parcela 353)

Ponte Caldelas

Lucila Rodríguez Pérez

720,00 €

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no DOG dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, coa repercusión dos custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 1 de setembro de 2025

Andrés Díaz Sobral
Alcalde