DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 51057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de setembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de corrección de erros de concesións de augas (expediente DH.B36.4148 e quince máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo as resolucións de correccións de erros de expedientes de concesións de augas, por ter detectado algún erro material, ditadas no expediente DH.B36.4148 e quince máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data da resolución

DH.B36.4148

José María Alonso Pérez

10.7.2025

DH.B15.12194

Elaudino Espiñeira Varela

10.7.2025

DH.B36.4312

Gonzalo Graña Rodal

10.7.2025

DH.B15.12299

Antonio Otero Sánchez

10.7.2025

DH.B36.4215

José Ángel Acuña Fandiño

10.7.2025

DH.B36.4221

Mª Carmen Estévez Domínguez

10.7.2025

DH.B36.4127

José M. Estévez Baltasar

10.7.2025

DH.B36.4186

Elpidio Pazos Castro

10.7.2025

DH.B36.4187

Manuel Rodríguez Abuín

10.7.2025

DH.B36.4216

Enrique González Gesteiro

10.7.2025

DH.B36.4279

Ramón Pazos Fernández

10.7.2025

DH.B36.4286

Salomé Bastardes Rodiles San Miguel

10.7.2025

DH.B36.4287

Salomé Bastardes Rodiles San Miguel

10.7.2025

DH.B36.4383

Beatriz Mariño Villanueva

10.7.2025

DH.B36.4104

Esperanza Cores Calveiro

10.7.2025

DH.B36.4167

José Luis Álvarez Testa

10.7.2025