DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 51055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de setembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de corrección de erros de concesións de augas (expediente DH.B36.4227 e catorce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo do interesado ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo as resolucións de correccións de erros de expedientes de concesións de augas, por ter detectado algún erro material, ditadas no expediente DH.B36.4227 e catorce máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data da resolución

DH.B36.4227

Concepción Torres Vázquez

10.7.2025

DH.B36.4260

Cándido Araújo Pereira

10.7.2025

DH.B36.2069

Teresa Rodríguez Amoedo

10.7.2025

DH.B36.5547

Mercedes Ameal Gándara

10.7.2025

DH.B15.13105

Mª Soledad Mareque López

10.7.2025

DH.B36.5696

Juan B.J. Moliz Santana

10.7.2025

DH.B36.5705

Jesús Montenegro Fernández

10.7.2025

DH.B15.13203

José Vázquez Suárez

10.7.2025

DH.B36.5811

Xosé Carlos Gándara Fernández

10.7.2025

DH.B15.15382

Comunidade de Propietarios Horta Nova

10.7.2025

DH.B15.15672

José Santiago Pérez

10.7.2025

DH.B36.7072

Marcela Pinzás Soto

10.7.2025

DH.B36.7576

José Argentino Pérez da Silva

10.7.2025

DH.B36.7586

Manuel Riveiro Abal

10.7.2025

DH.B15.15888

Manuel Villaverde Pedreira

10.7.2025