DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 2025 Páx. 51133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 8 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Pontevedra, polo que se notifica a citación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente PO-2025/00451.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación da citación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido da citación. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non o faceren, consideraranse desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois de ditar a correspondente resolución.

O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra para que poidan consultalo e formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de setembro de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2025/00451

34627844X

PO-2025/00451

186945146