DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 2025 Páx. 51132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 8 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-PR212E/2025/01445).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio da persoa interesada sen poder efectuala, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, compareza no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlle o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non o facer, considerarase desistida da súa solicitude, que se arquivará despois de ditar a correspondente resolución.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9ª planta, 36003 Pontevedra.

Pontevedra, 8 de setembro de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-PR212E/2025/01445

Y6862345X